MARCIA VÁZQUEZ RAMÍREZ – ONDE POUSA A HUMIDADE

Nome da compañía: Marcia Vázquez
Nome da peza: Onde pousa a humidade
Creación e interpretación: Marcia Vázquez Ramírez
Asesoramento escénico: Carmen Larraz, Paula Ramis Muñoz e Raquel Jara
Música: Mercedes Peón – Momentos ||  Leilía – O meu amor
Voces en O_: Documental Línea 900 – Costa da Morte
Ambiente sonoro:  Guillermo Alfaro e Marcia Vázquez
Fotografías e vídeos: Paula Ramis Muñoz, Beniamin Boar, Ángel Sousa, Manu Lago, Carlota Mosquera e Javier H. Rguez.
Duración: 15 min

Arraigada en Vigo, Galicia, 1994. Bailarina, performer e xestora cultural. Combina no seu movemento a danza contemporánea e a danza urbana,tanto na creación, na interpretación e na ensinanza. Á súa vez mantén unha dobre vertente como programadora artística na súa comunidade.

Comeza na danza pola cultura urbana. Fórmase con importantes referentes como Karol Galindo e Diana Ballesteros.

Compite xunto ao colectivo Feeling, obtendo 1º premio en Faro Urbano 2014. En 2015 é premiada como Bailarina Revelación.

Obtén diversos premios en batallas de freestyle en Marín Hip Hop, Vella Escola ou Ladies First en Lisboa.

SINOPSE

Onde pousa a Humidade é un solo de 15 minutos para espazos non convencionais. Esta creación realizouse durante a estancia en La Faktoria Coreographic Centre (Pamplona) que cedeu espazo e  asesoramento. Presentouse como proceso creativo en Noáin (Navarra) o 30 de maio. A súa estrea oficial foi dentro da programación do Festival Corpo(a)Terra, o 3 de setembro en Gondomar.

Onde pousa a humidade é un proceso de investigación e creación dun solo que profunda na espera e a súa relación co corpo en tempo presente e pasado. Inspírase na Costa da Morte, Galiza, unha das costas con máis naufraxios de Europa. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as súas mans que tecen, rede a rede, o que as mantén enterra”.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *