LABORATORIO ESCÉNICO DANZA- CANELA

INTÉRPRETES – Jaimi Neves, Samuel Galán, Noelia López, Sara Tréllez, Diana Monserrat, Irene Varela, Myriam González, Lucía Vázquez
DIRECCIÓN- Alba Fernández
ASESORAMENTO COREOGRÁFICO- Sabela Domínguez
MEZCLA E PROD. MUSICAL- Jas Processor
PRODUCCIÓN E DISTRIBUCIÓN- Laboratorio Escénico S. Coop. Galega
DURACIÓN– 20 MIN

Laboratorio Escénico Danza é un proxecto impulsado por Laboratorio Escénico S. Coop. Galega, que busca impulsar os novos talentos, abordando a súa  profesionalización dende tres eixos fundamentais: a formación profesional, a creación e produción de pezas dende a esencia colectiva da danza, e o acompañamento nas súas propias creacións, dándolles un lugar onde creala e un asesoramento artístico e á distribución.

A peza CANELA é o resultado dun proceso de creación que comezou cunha convocatoria na procura de Artistas de Danza Urbana, co obxectivo da creación dunha peza profesional de Danza Urbana/Experimental. Con esa iniciativa, procurouse respectar a esencia colectiva da danza, e que as/os bailarinas/íns formasen parte dunha compañía con 8 intérpretes, baixo unha dirección e asesoramento coreográfico. O propio proceso de creación da peza xa foi unha grande experiencia de aprendizaxe, xa que hoxe en día non é doado atopar compañías profesionais con ese número de intérpretes, polo tanto, non é habitual vivir a experiencia espacial e conceptual de seren parte dun colectivo.

SINOPSE

Sempre presente, sempre honesta, afrodisíaca e aromática, CANELA esperta os teu sentidos, transportándote moi lonxe, ás terras das esmeraldas. Ela é “CANELITA EN RAMA”

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *