KIRENIA DANZA – Instante gradual

Nome da compañía: KireniaDanza
Nome da peza: Instante gradual
Dirección, coreografía e interpretación: Kirenia Martínez Acosta
Música: Bruno Baw
Duración: 17 min

“Instante Gradual”, é unha peza na que Kirenia Martínez baila reprogramando o seu corpo (altamente lesionado pola propia profesión) ao novo contexto escénico, ambiental e temporal.

Despois de 20 anos de carreira internacional como bailarina de danza contemporánea, Kirenia parte da idea de que “unha intérprete madura non se conforma, reconstrúese”

SINOPSE

Cada momento en dous momentos.

Pero en que momento se convirte a madeira en pedra, a turba en carbón, a pedra caliza en mármore?

A historia e a memoria comparten datos, comparten tempo e espazo.

Todo estaba encerrado nesa fracción histórica de  segundo, o instante gradual.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *