FULL TIME COMPANY- FABIAN THOMÉ- MOI-JE

Título da peza: Moi-Je
Dirección e Coreografía: Fabian Thomé
Intérpretes: Gonzalo Peguero Pérez e FabianThomé
Música orixinal: Miguel Marín Pavón
Vídeo e Fotografía: Ignacio Urrutia
Management: Valeria Cosi/TINA Agency
Duración: 20 minutos

Full Time Company, creada polo director e coreógrafo Fabian Thomé, ten como obxectivo compartir a danza e as artes escénicas partindo dun vínculo común que se xera a través da conexión, a escoita e o contacto. Estas 3 perspectivas principais crean un estado; transformando as nosas emocións en movementos, sons, palabras, arquitectura, … Un proceso que permite compartir co público un espazo de sensacións coa conexión como núcleo central do traballo da compañía. FULL TIME COMPANY.

SINOPSE

Ao mirarnos, esquezo se son eu quen che mira ou a quen ti miras.

A idea que temos dun mesmo non é a dun organismo de células vivas, senón algo máis. Somos unha construción mental (ou psicolóxica) de conceptos abstractos que dá resultado no que chamamos Eu, o Ego. Un Ego que se observa, reflíctese e materialízase na mirada do outro. Unha mirada externa que nos fai de espello e resulta imprescindible para evolucionar na vida, pero que en desequilibrio coa nosa propia escoita interna da como resultado unha evolución descompensada, deformada e fráxil. O mirar cara a dentro déixanos nun baleiro de escoita, sen distracción e en harmonía. É no xusto equilibrio de atención cara aquilo que chega de fóra e indícanos aquilo que existe en nós; e a escoita dun mesmo sen distraccións externas, onde se asegura un coñecemento completo de nós como Ser na súa totalidade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *