Sábado 23 de setembro. 12.00 a 14.00 horas. Barrio das Flores
Impartido por: Bboy Milki Lee (Grupo Circle of Trust)
Duración: 2 horas
Sinopse de Workshop
Iniciación a esta danza que se atopa dentro da cultura hiphop. Aprenderemos pasos básicos e ritmos para podermos realizar os seus 5 elementos dentro desta.
A quen vai dirixido?
Vai dirixido a mozas e mozos entre 11 e 40 anos ou a toda persoa que comprenda ese rango de idade (ou non) e queiran aprender as bases do breaking e a cultura hiphop. Realizarase unha clase de iniciación e aprenderanse os seus pasos básicos, posturas, acrobacias, ritmos e historia.
Reserva a túa praza en administracion@artestudioxestioncultural.com