11 compañías, 36 bailaríns, 14 actuacións, 6 espazos…
A primeira edición de QUINCEGOTAS é un encontro cultural no que a danza emerxe en concorridos espazos públicos da Coruña coa súa particular fugacidade, incorporando a choiva como un atributo definido e non un impedimento.
Compartindo o instante metropolitano para abordar a curiosidade do espectador nunha improvisada estrea de butacas onde abocar olladas…
Déixate mollar!
O I Festival de Danza na Rúa da Coruña Quincegotas está coordinado pola Compañía Entremans e Artestudio, sendo apoiado polas seguintes entidades:
– Concello da Coruña (Concellaría de Culturas)
– Deputación da Coruña
– Gadis