Venres 2 de setembro. 20:40 horas. Escalinata Domus.
Dirección: Jordi Vilaseca e Aritz Lopez
Coreografía: Jordi Vilaseca
Interpretación: Miguel Ballabriga, Aritz Lopez
Duración: 15min
Estrea en Galicia
Larrua é un proxecto de investigación e creación coreográfica do bailarín e coreógrafo catalán Jordi Vilaseca e o bailarín gasteiztarra Aritz López, que busca unha linguaxe común entre o breakdance e a danza contemporánea.
Foron premiados co Premio compañía emerxente Umore Azoka “pola construción dunha linguaxe única baseado no break dance, a danza contemporánea e a química entre os bailaríns”
Colaboración Teatros Canal e Baratza Aretoa
Sinopse Larrua
Dous corpos sen raciocinio, a pel como un folio en branco nun terreo ambiguo no cal non existen as palabras. Temperaturas, texturas, recoñecemento a través do contacto físico, tocando, rasgando, presionando, acariñando… O contacto como emisor, a pel como receptor e motor do movemento, como transmisor de emocións.