Workshop Diego Sinniger – De Balde

Prazas Limitadas. Reserva a túa praza en administracion@artestudioxestioncultural.com
Sábado 22 de setembro. 10.00 horas. Centro Ágora
Buses: 7, 12A, 14

Este workshop propón diferentes accións/exercicios para desenvolver desde a  consciencia un material que implique a sucesión de movementos polo espazo sen deixar que o xuízo interveña na realización do movemento. Nos seus anos como pedagogo, Diego Sinniger ve cada vez máis como o bailarín está en ou na busca interna do que poderiamos denominar como “movemento persoal”.

Para cada persoa, é todo un universo, o seu universo. Por iso, durante o workshop, pasamos por pequenas pinceladas de teatro e interpretación, para nos podermos desinhibir máis e adquirir un estado que se reflicta unicamente a través do movemento e non a través dunha estética ou unha superficialidade que non xere ningún tipo de emoción.

Observaremos que nos centramos basicamente no corpo e na aprendizaxe para superar os nosos límites e para permitirnos saír da zona de confort. Traballaranse 5 puntos clave:

  • Consciencia do noso corpo.
  • Quentamento e exploración da nosa capacidade muscular.
  • Reforzo físico, realizado desde técnicas das artes marciais ou psicomotricidade avanzada.
  • Desenvolvemento sensitivo extraendo o sentido da vista (os ollos).
  • Repertorio.