UnaiUna – Espectáculo Dosis

Domingo 23 de setembro. 13:00 horas. Praza Esther Pita/Parque do Emigrante (Santa Cruz-Oleiros)
Buses: Autos Calpita
Domingo 23 de setembro. 18:15 horas. Praza da Constitución
Buses: 1, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17,23, 23A

Dirección, coreografía e interpretación: UnaiUna (Laura Lliteras e Marina Fullana)
Duración: 10 minutos

A Compañía UnaiUna xorde da relación de dúas mulleres moi diferentes pero que á vez son unha mesma. Laura Lliteras e Marina Fullana compartiron a súa formación como intérpretes e coreógrafas cursando o grao profesional de Danza Clásica (Conservatorio de Mallorca), o grao profesional de Danza Contemporánea e o grao superior de Coreografía (Institut do Teatre). Despois, entran no elenco da nova compañía ITdansa. A primeira peza que crearon foi Dosis, que obtivo o premio Art Jove de Dansa Contemporània Balears e o premio SóloDos en Danza España, cunha xira por Costa Rica e que foi bailada en varios puntos de España e Europa. Outra peza creada recentemente é All inclusive, peza de sala ou rúa, que está rodando en diferentes puntos de España. Actualmente, están traballando nunha nova peza que estrearán este maio: Galejar, traballo que fala da relación do corpo e a voz.

Sinopse Dosis

Traballo baseado na tolemia que toda muller ten. Nas relacións e os diferentes estados que vive. Os dous corpos xogan a ser un con dous roles distintos, entrelázanse e buscan puntos de inflexión común onde ambas se cruzan mentres percorren o seu camiño persoal. Puntos de relación que acaban sendo aditivos e necesarios, que tranforman unha relación vital nun escape para sobrevivir.

https://www.facebook.com/ciaunaiuna/