Tejido Conectivo – Tai Sabaki

VENRES 27/11, 22:30 – RÚA BARRERA ESQUINA RÚA GALERA

Dirección, coreografía e Interpretación: Miguel Ángel Punzano
Duración: 15 min

Tejido Conectivo é unha iniciativa de Miguel Ángel Punzano, un proxecto enfocado á investigación do movemento cunha dobre función: a formación e a promoción da arte escénica.

A colaboración, non só no aspecto escénico, senón tamén na docencia, é o aspecto que mellor define a Tejido Conectivo, mediante a procura e a creación de espazos para o intercambio entre artistas e docentes, entre diferentes disciplinas, espazos, institucións, individuos e colectivos.

Sinopse Tai Sabaki

“Tai Sabaki” fala da capacidade de superación do ser humano, da capacidade de reconstruírse unha e outra vez despois de caer. Tamén fala do auto sabotaxe, de como o ser humano se infravalora, menosprézase e se sabotea cando está ás portas do éxito, por non crerse merecedor de tal. Fala de como somos capaces os humanos de facernos chiquititos e insignificantes ata desparecer ou de proxectarnos e expandirnos ata converternos en colosos.

www.tejidoconectivo.com