Tanit Cobas – Lilith

Sábado 23 de setembro. 12.20 horas. Parque de Oza
Domingo 24 de setembro. 13.00 horas. Praza de Esther Pita/Parque do Emigrante (Santa Cruz-Oleiros)

Dirección e coreografía e interpretación: Tanit Cobas Rodríguez
Duración: 10 MINUTOS

Estrea absoluta

Tanit Cobas empezou os estudos de danza no Conservatorio da Coruña. Apaixonada do movemento e os límites físicos, foi a Barcelona para profundar na danza contemporánea. Recentemente, graduouse no Conservatorio Profesional de Danza do Institut del Teatre, na especialidade de Contemporáneo, mentres facía, ao mesmo tempo, o Superior de Danza (Coreografía). Actualmente, forma parte de IT Dansa, unha compañía con base en Barcelona que está baixo a dirección de Catherine Allard.

Foi escollida para representar o Conservatorio Profesional de Danza de Barcelona na Asamblea Internacional de Danza (AL17) organizada no Canadá e levou un dueto da compañía La Veronal, baixo a supervisión de Marcos Morau.

Sinopse de Lilith

“Entrelaza as mans coma se foren caricias. Rózaas buscando consolo. Gabuña os límites do desexo. Que lonxe pode ir?”

Esta peza está incluída no apartado de Apoio a novos/as creadores/as galegos/as e conta co asesoramento artístico do festival, así como con axuda na súa distribución posterior.