Entremans – Só un desexo

OBELISCO – VENRES 27/11, 21:00

Dirección, Coreografía e Interpretación: Beatriz Perez e Kirenia Martínez
Duración: 10 min

Premiada en varias ocasións en diferentes certames, as súas creacións presentáronse en distintos festivais nacionais e internacionais (Cuba, Bélgica, Suecia, Alemania, Brasil, Italia, Portugal, Hungría…). Entre os seus espectáculos atópanse: En la cuenca de tus ojos (2006); Sí quiero (2006); Mapas (2007); A medio metro de lo vivido (2009); Concerto Desconcerto (2009); 39 e medio (2011); Blondy’s Coffee peza soa para dúas mulleres (2011), Xoga (2015)…

Sinopse Só un desexo

Mirar ata que sexamos vistos.
Mirar ata que o río nos trague.
O branco do noso alento na escuridade.
A química da observación.
A.Michaels.

Esta peza foi creada de modo específico para a Primeira Edición do Festival Quincegotas. Nace baixo a idea de inaugurar coa danza un espazo escrito polo andar cotián, conservando ese instante no que un corpo penétrase no urbano e transfórmao. Facerse visible, deixándose mecer pola choiva, gozar do camiño polo que pasamos todos os días e convertelo noutro lugar.

www.ciaentremans.com