Ser Danza – Espectáculo Resiliencia

Sábado 22 de setembro. 18:45 horas. Praza dos Pescadores
Buses: 7, 12A, 14

Coreografía: Ana Serantes
Interpretación: Raquel Piñeiro, Ana Serantes e Inés Vieites
Música orixinal: Iago Mouriño
Duración: 12 min

Estrea absoluta

A compañía Ser Danza xorde como proxecto persoal e coreográfico de Ana Serantes, baseado na danza contemporánea e neoclásica pero sen barreiras coreográficas. Grazas ao Festival Quincegotas e ao seu apoio a novos creadores, únense tres bailarinas para crear a peza Resiliencia, con estrea absoluta para o festival:

– Raquel Piñeiro, bailarina formada pola Fundación Escuela de Danza de Caracas, coa que tamén participou en montaxes nacionais e internacionais, bailarina da Compañía Nacional de Danza e invitada pola Compañía Sieteocho.

– Ana Serantes, bailarina e coreógrafa da peza. Graduada pola URJC e cunha traxectoria profesional especializada na danza clásica, en compañías como: Ballet Nacional Dominicano, Ballet Concierto Puerto Rico ou Ballet Neo en NY;  e colaboracións co Centro Coreográfico Galego e coa Nova Galega de Danza.

– Inés Vieites, bailarina graduada pola URJC con mestría en Artes Escénicas, traballou, entre outras, coa compañía Transit Danza, Iker Gómez, Centro Coreográfico Galego e Nova Galega de Danza. Premio en 2014 ao Talento Artístico pola URJC.

Sinopse Resiliencia

A resiliencia é a capacidade de afrontar as adversidades da vida, transformar a dor en forza, para superarse e saír, incluso, fortalecido delas. As persoas resilientes entenden que son as autoras da súa propia alegría e do seu propio destino.

Esta peza está incluída no apartado de Apoio a Novos Creadores/as Galegos/as e conta co asesoramento artístico do festival, así como con axuda na súa distribución posterior.