Senpü – Agua

Sábado 23 de setembro. 12.35 horas. Parque de Oza
Domingo 24 de setembro. 13.30 horas. Praza do Castelo (Santa Cruz-Oleiros)
Domingo 24 de setembro. 19.20 horas. Castelo de San Antón

Dirección e coreografía e interpretación: Chey Jurado
Duración: 10 MINUTOS

Estrea en Galicia

Este bailarín e coreógrafo pacense comezou a súa carreira de forma autodidacta en estilos urbanos (bboying, popping e locking). Debido á súa inquietude por outras disciplinas, non tardou en coñecer e aprender estilos máis académicos, contemporáneo, salsa en liña e formación en pilates e danza moderna, sen deixar de lado o mundo urbano a que pertencía.

Viaxou a eventos de escala mundial e quedou como mellor bailarín en moitos deles. É catro veces campión do REDBULL BC ONE Spain. A día de hoxe, este dominio e mestura de break e contemporáneo é o que o caracteriza e o que lle axuda para poder traballar en compañías como Lokomamia, Cía. Jordi Vilaseca, Vermellas e Rodríguez (Titanium), Cía. Elías Aguirre, Taiat Dansa…

Actualmente, é director e coreógrafo da súa compañía, Senpü.

Sinopse de Agua

Esta peza trata de plasmar as singularidades do elemento auga (moldéase, flúe, ferve, evapórase, conxélase… e pode dar vida ou á súa vez quitala) a través do corpo e a danza.

Foi gañadora na categoría de solista no festival HOP Barcelon, Premio do Público no Festival 10 Sentidos e obtivo 6 títulos no Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York.