Raquel Piñeiro – Espectáculo A ti, a el

Sábado 22 de setembro. 17:45 horas. Hall de Ágora
Buses: 7, 12A, 14

Coreografía e interpretación: Raquel Piñeiro
Asistencia de coreografía: Armando Martén

Duración: 8 min

Raquel Piñeiro é unha bailarina formada pola Fundación Escuela de Danza de Caracas e Fundación Gustavo Franklin. Traballou durante varios anos como bailarina e profesora de danza no Taller de Danza de Caracas e máis tarde traballou na Compañía Nacional de Danza de Venezuela. Participou, tamén, en coreografías de diferentes compañías independentes e na película venezolana Azul y no tan rosa, ganadora de varios premios, entre eles o Goya á Mellor Película Hispanoamericana.

Sinopse A ti, a el

Aínda segues, aínda te acendes, eu que non puiden amarte (a ti)

E aí quedou todo, todo de min pero nada de ti. Ti seguiches, eu detívenme (a el)

Esta peza está incluída no apartado de Apoio a Novos Creadores/as Galegos/as e conta co asesoramento artístico do festival, así como con axuda na súa distribución posterior.