Proyecto Larrua – Espectáculo Ozkol

Venres 21 de setembro. 19.20 horas. Contorna da Pérgola de Eirís
Buses: 12, 14, 20, 4, 1A
Domingo 23 de setembro. 19.00 horas. Castelo de Santo Antón
Buses: 1, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17,23, 23A

Coreografía: Jordi Vilaseca
Interpretación: Aritz López e Jordi Vilaseca
Duración: 15 minutos

Estrea en Galicia

Proyecto Larrua é un proxecto de danza dirixido por Jordi Vilaseca e Aritz López que ten unha linguaxe propia, que une estilos, fisicalidades e disciplinas (breakdance e danza contemporánea). Un proxecto que non quere funcionar só coreograficamente, senón que quere abranguer o ámbito da pedagoxía a través de workshops, obradoiros e clases, para dar a coñecer este xeito de traballar e entender a nosa danza. Unha danza que atopa similitudes na fisicalidade e na emoción entre a danza contemporánea e o breakdance, entendéndoos como unha soa danza.

Premios á compañía emerxente UmoreAzoka 2016 e candidatos aos Premios Max 2018.

Sinopse Ozkol

Dous corpos que se utilizan o un ao outro como cuberta sólida e dura para se protexeren, para transportárense e, ás veces, para ocultarse. Ozkol protexe e intenta manter illada a pel grazas ao corpo do outro.

http://proyectolarrua.com/