Pisando Ovos – Espectáculo Give It A Spin

Venres 21 de setembro. 19.30 horas. Contorna da Pérgola de Eirís
Buses: 12, 14, 20, 4, 1A

Dirección e coreografía: Rut Balbís
Interpretación: Rut Balbís e Jas Processor
Música e son: Jas Processor
Fotografía: Manu Lago
Duración: 35 minutos

Compañía de danza contemporánea desde o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís. A base do seu proxecto artístico é a procura dunha linguaxe artística propia desde o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflectida no seu interese polo tratamento das imaxes e dos tempos lentos.

Até agora, son oito as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do movemento.

Primeiro Premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800

Sinopse Give It A Spin

É a proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais en que música e movemento, desde os seus estados máis puros se encontran a través do diálogo entre un DJ e dunha bailarina. Unha conversa baseada no darlle unha volta, no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo. Para a ocasión, contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

www.pisandoovos.com