Physical Momentum – Postskriptum

Sábado 23 de setembro. 18.50 horas. Praza do Barrio das Flores
Domingo 24 de setembro. 19.35 horas. Castelo de San Antón

Dirección e coreografía: Francisco Córdova
Interpretación:  Kiko López e Héctor Plaza
Promotor cultural:
Rotativa Performing Arts
Duración: 15 minutos

Physical Momentum Project é a plataforma escénica e identificación artística de Francisco Córdova. A compañía creada en 2007 constrúe e proxecta a súa identidade a partir da fisicalidade e experiencias das linguaxes dancísticas e teatrais. En 2017, a compañía conmemora dez anos de labor escénico expoñendo o seu traballo en foros internacionais, en encontros e festivais de danza e teatro en países como México, Estados Unidos, Canadá, Brasil, Colombia, Ecuador, Costa Rica, España, Holanda, Italia, Francia, Rep. Checa, Irlanda, Bélxica, Suíza, Croacia, Austria, Alemaña e Rusia. Foi acredora de diversas subvencións, apoios e residencias artísticas en Europa e Latinoamérica.

Actualmente, a compañía reside entre Barcelona (España), Bruxelas (Bélxica) e Cidade de Méxic

Sinopse de Postskriptum

Postskriptum son experiencias de despedida. Unha mirada, un bico, un xesto, un erro. Pequenas cousas que nos fixeron posiblemente persoas máis humanas. Despoxarse de vestiarios e rutinas alleas a nós mesmas/os. Postskriptum simplemente é dicir Adeus.

https://www.physicalmomentumproject.com/