Pablo Sánchez – Silente

Sábado 23 de setembro. 18.00 horas. Praza do Barrio das Flores
Domingo 24 de setembro. 13.15 horas. Praza de Esther Pita/Parque do Emigrante (Santa Cruz-Oleiros)

Dirección e coreografía e interpretación: Pablo Sánchez Vázquez
Duración: 7 MINUTOS

Estrea absoluta

Formado no Conservatorio Profesional de Danza da Coruña e un ano na escola Rudra Bejart Lausanne, realizou ademais numerosos cursos con grandes mestres como Lázaro Carreño,
Orlando Salgado, Ricardo Franco ou Amaury Lebrun. Asistiu tamén a diferentes cursos de verán en escolas como a Ruth Page Center en Chicago ou a Royal Ballet School en Londres. Este bailarín bebe tanto da técnica clásica como da experimentación contemporánea e intenta crear co seu corpo e o seu movemento unha linguaxe precisa e sinxela.

Sinopse de Silente

A peza está baseada nun breve poema que escribín na miña etapa de estudante no instituto, cuxa temática principal sería a soidade, tomando como referencia a poesía de Manuel Antonio.
“Avanzo silente, enguedellando sombras na profunda soedade. O mar en calma, unha gota de
chuvia acariña o meu rostro… no horizonte silencio, soedade, sombras, suspiros”.

A peza está incluída no apartado de Apoio a novos/as creadores/as galegos/as e conta co asesoramento artístico do festival, así como con axuda na súa distribución posterior.