Nova Galega de Danza – O vento

CAMPO DA LEÑA – DOMINGO 29/11, 13:30

Dirección: Jaime Pablo Díaz
Coreografía: Jaime Pablo Díaz/ Vicente Colomer
Interpretación: Alba Vázquez, Inés Vieites, Alba Fernandez, Estefanía Gómez, Ariadna Vázquez, Iván Villar, Ricardo Fernandez
Duración: 8 min
Música: Pedro lamas / Jacobo de Miguel

Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vanguardia con vocación universal. “Chegou como un vento fresco con cheiro a mar (…) Non hai que perdelos de vista, á tradición celta española faltáballe esta renovación na súa danza, algo que xa ocorreu coa súa música” (Ana Cabo. Directora de Madrid en Danza. Revista “Por la danza”, verán 2003).

Co seu primeiro espectáculo, ALENTO, inaugurou un novo xeito de concibir a danza e a música realizadas en Galicia, sendo finalista dos Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación do 2005 e recoñecido no informe anual da SGAE como a Compañía Galega Independente máis exitosa do ano. Fai historia tamén ao ser a primeira compañía de danza programada na Feira Profesional de Teatro de Galicia.

Sinopse O vento

O vento da montaña de Lugo aniñou na Fonsagrada, dando folgos a unha caste de gaiteiros altivos, orgulloso do noso. O alento que da vida a este murmurio segue a latexar dentro de nos

www.novagalegadedanza.com