Nadine Gerspacher – Espectáculo Nua

Sábado 22 de setembro. 18:00 horas. Hall Ágora
Buses: 7, 12A, 14

Dirección e dramaturxia: Anna Castells
Coreografía e Interpretación: Nadine Gerspacher
Fotografía: Marta Cortes Fernandez
Duración: 30 minutos

Cia. Nadine Gerspacher é un proxecto creativo onde o seu traballo defínese de varias formas. A Compañía é unha plataforma para as súas creacións propias, así como para as súas colaboracións con outros artistas, conservatorios e diversas compañías de danza. As creacións da compañía inspíranse polo cotián do vivir; o teatro físico convértese nun eixo central. Ela concibe pequenos mundos poboados por personaxes onde o absurdo, a poesía e a físicalidade combínanse narrativamente. O humor, a transformación e a vulnerabilidade son partes esenciais das súas pezas. As pezas vivencian sorprendentes e irresistibles escenas coa idea de implicar ao público emocionalmente.

Sinopse Nua

Nua é a historia de Madame Lou, unha muller que espera. Unha nena que xa non soña. Perdida no tempo. A peza reflicte a trivialidade e o efémero da existencia humana. Fala do baleiro e do desexo. E si, tamén fala da estupidez que podemos chegar a envolver. Madame Lou invítache a viaxar no seu tempo de espera. Espera.

http://www.cianadinegerspacher.com/