Mumusic Circus – Amigoo

Sábado 3 de setembro. 17:30 horas. Paseo das pontes.

Creación, Dirección, Composición e Interpretación: Marçal Calvet e Clara Poch
Fotografía: Gerard Riera
Duración: 50 min

Mumusic Circus nace da man de Marçal Calvet e Clara Poch ante a necesidade de crear espectáculos transparentes e con humanidade, onde se combinen o circo, a música e o movemento.

Dende o ano 2008 gañaron varios premios de ámbito internacional e actuaron por Europa, Asia e América cunha gran acollida por parte de maiores e pequenos.

Sinopse Amigoo

Amigoo é un fragmento nas vidas dun home e unha muller. Un circo entre dous. Pedacitos de intimidade nunha travesía xestual e musical cara ao máis profundo e sincero de cada un. Xuntos tecen un mundo irreal de poesía e complicidade nun cego intento de romper co mito da soidade como condición humana neste mundo. Estalan momentos de delirio, de disparate entre bailes e acrobacias, desmantelando así o seu propio circo interior.

www.mumusiccircus.com/