Lisvet Barcia Cabrera – Eco Hecho Carne

SÁBADO 28/11, 13:30 – PRAZA DE VIGO

Coreografía e Interpretación: Lisvet García Cabrera
Duración: 9 min

Primeira bailarina cubana-española. Licenciada do Instituto Superior de Arte (Cuba): Impartiu clases a diferentes niveis do ensino: elemental e superior. Ademais, traballou en diferentes compañías cubanas entre as que destacan Danza Aberta e Danza Contemporánea de Cuba, sendo o paso por esta última onde realizou a maior parte da súa vida profesional e onde alcanzou o nivel de Primeira Bailarina.

Traballou e interpretou as pezas de importantes coreógrafos de talla internacional como son Juan Kruz, Itsik Gallili, Jan Linkens, Rafael Bonachella, Pedro Ruiz, George céspedes, Julio César Iglesias, Osnel Delgado, Susana Pous, Carlos Acosta. Obras coas cales se presentou por importantes teatros nacionais e internacionais pertencentes tanto ao continente Europeo como Norteamericano.

Sinopse Eco hecho carne

Fala sobre os cambios interiores que temos nun mesmo instante, ideas e camiños que necesitamos transitar para darnos conta de cal é o correcto. A enerxía, ritmo corporal e perda de control únense para mostrar como o cambio formal faise cada vez máis visible. Eco hecho carne: resultado da contradicción formal e situacións mentais.

ESTREA