Laura Arís e Álvaro Esteban – Espectáculo Cualquier Mañana

Sábado 22 de setembro. 19:45 horas. Praza dos Mariñeiros.
Buses: 7, 12A, 14

Dirección, coreografía e interpretación: Laura Arís e Álvaro Esteban
Duración:18 minutos

Estrea en Galicia

Cualquier mañana  é o resultado da colaboración entre dous artistas independentes que se xuntan baixo o marco de “Anatomía das cousas rotas”, definido por Laura Arís dentro dunha curiosidade persoal que a levou a desenvolver outros proxectos e colaboracións baixo o mesmo concepto.

Laura Aris é intérprete, coreógrafa e recoñecida mestra internacional. Durante os últimos sete anos, exerce como artista independente ao desenvolver a súa propia práctica creativa. Mantén un grande interese no desenvolvemento dun diálogo fluído e permanente entre a danza contemporánea e outras disciplinas artísticas e busca promover diferentes formas de comunicación entre o público e a/o intérprete.

Álvaro Esteban forma parte do equipo das compañías Daniel Abreu (Madrid) e CocoonDance (Bonn) e participa en proxectos e colaboracións que seguen unha liña de traballo en que incide nas diferentes configuracións do corpo cando se está ausente-presente e que o levan a construír dúos con amplas xiras internacionais como: Cuadra_ T, peza creada xunto a Natxo Montero e finalista no Certame  Coreográfico de Madrid 2008 e Entomo, peza multipremiada creada xunto a Elías Aguirre, con máis de 100 representacións no seu haber.

Sinopse Cualquier mañana

Un dúo intimista. Unha reflexión sobre a tristura natural das cousas rotas. Unha mañá calquera en que as pezas do puzzle non encaixan como unha vez fixeran. Unha viaxe física ao presente para se dar conta de que o pasado non volverá “En equilibrio precario cando un par de palabras, un xesto, un estalo, un feito fortuíto ou casual, cando un simple murmurio pode inclinar a balanza. Ás veces, os nosos puntos de referencia desaparecen e só deixan agallas, o visceral”

https://www.lauraaris.com/alvaro-esteban-esp/