La Intrusa – Staff

Domingo 24 de setembro. 20.00 horas. Castelo de San Antón

Dirección: Virginia García e Damián Muñoz
Creación e interpretación: Virginia García e Alexis Fernández
Duración: 20 minutos

La Intrusa é unha compañía de creación artística contemporánea dirixida por Virginia García e Damián Muñoz. Celebrou os seus vinte anos en escena co recoñecemento do Premio Nacional de Danza 2015, pola súa creación artística.

O seu traballo caracterizouse, desde os seus inicios, pola capacidade de xerar espectáculos poéticos, de forte impacto visual e emocional, sempre coa vontade de empatizar co público nun ton intimista. O punto de partida de La Intrusa sempre foi un traballo de reflexións, de compartir o seu latexo vital transferíndoo á escena en metáforas de movemento, imaxes, sons e palabras. Crean, dirixen e producen proxectos escénicos e audiovisuais polos que recibiron diferentes premios.

Sinopse de Staff

A necesidade constante de recoñecemento dos nosos actos fai que lle confiemos a unha persoa o papel de testemuña. A testemuña é a nosa debilidade, de aí a forza para defendelo e protexelo. Mais tamén a súa forte presenza pode influírnos até nos converter no máis débil do mundo.

Somos persoas para alcanzar algo; meternos as unhas nas outras. Porque é imposible vivir sen a certeza de que no mundo hai outra persoa para quen se é imprescindible.

www.laintrusadanza.com