La Intrusa – Espectáculo Billie Jean

Venres 21 de setembro. 19.35 horas. Contorna da Pérgola de Eirís
Buses: 12, 14, 20, 4, 1A

Dirección e Coreografía: Virginia García e Damián Muñoz
Interpretación: Agnès Sales e Gisela Roset
Fotografía: Germán Antón
Duración: 15 minutos

Estrea en Galicia

La Intrusa é unha compañía de creación artística contemporánea dirixida por Virginia García e Damián Muñoz. Celebraron os seus vinte anos en escena co recoñecemento do Premio Nacional de Danza 2015 pola súa creación artística.

O seu traballo caracterizouse, desde os seus inicios, pola capacidade de xerar espectáculos poéticos, de forte impacto visual e emocional, sempre coa vontade de empatizar co público nun ton intimista.

O punto de partida da Intrusa sempre foi un traballo de reflexións, de compartir o seu latexo vital transferíndoo á escena en metáforas de movemento, imaxes, sons e palabras.

Crean, dirixen e producen proxectos escénicos e audiovisuais polos que recibiron diferentes premios.

Premio Nacional de Danza 2015

Sinopse Billie Jean

Esta peza indaga na liña estreita que existe entre a obsesión por expoñerse e osmar nos demais e a necesidade de preservar e manter oculta unha privacidade probablemente non de todo perfecta.

 

http://www.laintrusadanza.com/