Jordi Vilaseca – Enlloc

VENRES 27/11, 23:00 – RÚA ESTREITA DE SAN ANDRÉS ESQUINA RÚA BARRERA

DOMINGO 29/11, 17:00 – OBELISCO

Coreografía e Interpretación: Jordi Vilaseca.
Duración: 14 minutos

Experimentado bailarín e creador, Jordi Vilaseca forma parte da escena nacional máis emerxente. A súa fomación dancística é ampla e heteroxénea e formouse en. O Institut del Teatre de Barcelona, Henny Junniens Foundation en Amsterdam e o Instituto Superior de Danza Alicia Alonso de Madrid.

Como intérprete, desenvolveu a súa traxectoria en agrupacións de dentro e fóra do país, como Noordans, La Metros, Lanònima Imperial, Plan B, Larumbe Danza, Steptex Dance Company, Dance Channel Project, Cía Entremans, Centro Coreografico Gallego, Ballet de Carmen Roche, Teresa Nieto en Compañía, Cía Antonio Ruz… E outros proxectos coreográficos independentes.

Combina a súa faceta de intérprete e creador ca da pedagoxía impartindo cursos en varios centros e conservatorios nacionais e/ou compañías profesionais e a de asistencia coreográfica como nocaso de compañía Daniel Doña, Quique Peon Cía de Danza, Cía de teatro Sr Smith…

Sinopse Enlloc

Terra inestable, esgotadora, inquietante…
Casas as costas, mochilas repletas de ganas que arrecenden a fogar…
En ningún lugar coma na terra, en ningún lugar coma na casa.