Iker Karrera – #7fm

Domingo 4 de setembro. 19:25 horas. Castelo de San Antón

Dirección e coreografía: Iker Karrera
Interpretación: Raymond Naval e Carla Diego
Duración: 9 min

Estrea en Galicia

Nacido en Hondarribia, onde desde moi novo comezou a tomar clases de jazz e hip hop. Aos 18 anos, trasládase a Madrid e comeza a viaxar para completar a súa formación en hip hop ademais de formase en ballet clásico e danza contemporánea.

En París, traballou como bailarín para artistas internacionais, X FACTOR France e realizou diversas aparicións en shows e clips de artistas francesas. En España traballou como asistente de coreografía e como bailarín en tv, publicidade e diferentes eventos. É co-director e organizador do Dantzan Choreographic Summer Stage celebrado todos os anos en Hondarribia. Como profesor ademais de por toda España, impartiu clase en Los Ángeles (Boogiezone), Londres, Praga, Roma ou Nápoles e recentemente foi convidado a impartir varios workshops en México. Impartiu clases de JazzFunk e Contemporary en recoñecidas escolas de Madrid mentres segue perfeccionando o seu estilo viaxando a cidades como Los Ángeles, New York, Londres, París ou Roma. Actualmente exerce de bailarín na nova produción da Cía Vermellas e Rodríguez, “Titanium”, ademais de ser un dos directores do proxecto Danza180º.

Sinopse #7fm

Esta peza nace da investigación do meu propio movemento. Sempre partimos desde un movemento fusionado con estilos máis urbanos traballando moito os cambios de dinámica e diferentes texturas. Fixamos o material dando especial importancia á desestruturación articular do movemento. É unha peza moi física e interésame que os bailaríns saquen ao intérprete experimentando o material; gústame que o movemento sexa honesto e veraz e a interpretación de cada un deles nace da propia fisicalidade da peza.

http://danza180.com/