Fran Martínez – A temperatura o temperamento

Domingo 4 de setembro. 19:00 horas. Castelo de San Antón

Dirección, coreografía e interpretación: Fran Martínez
Fotografía: Miguel Vidal
Duración: 20 min

Licenciado en Danza pola ESD do Instituto Politécnico de Lisboa e en Arte Dramática pola ESAD de Galicia, Fran Martínez formouse con diferentes mestres en España, Portugal e Bélxica.

Colaborou cos artistas Tino Sehgal, Dora García, Elena Córdoba, Barbara Griggi e Emanuele Sciannamea (Zerogrammi TeatroDanza). Ademais, traballou coa Compañía Teatro Ensalle e é membro do colectivo de creación escénica contemporánea “áIntemperie” xunto a María Roja, Ángel Sousa e Berio Molina.

Sinopse A temperatura o temperamento

Afastarse unha vez máis, e quedar durmido. Placidamente. Abandonado. Conmovido. E transitar aqueles territorios que descansan, que se extenden, aparecen e xa desapareceron; que se abalan, estoupan, salpican, que se crispan, que se elevan. A temperatura de tantas paisaxes. O seu temperamento e mailo meu.

Para calibrar, unha vez máis, a cantidade de dor e plenitude; canto de cada cabe nunha man e noutra. Que pesa máis.

E como non teño nada que perder, pérdome. Porque só quen se entrega resucita.