Espazo Alicerce

Domingo 23 de setembro. 17:15 horas. Praza de María Pita.
Buses: 1, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17,23, 23A

O Festival quere ofrecer para esta edición como novidade o Espazo Alicerce, un espazo onde intervirán as aulas de danza de conservatorios, escolas e universidades e servirá para expor o labor de formación e a liña de traballo de cada centro invitado. Alumnas e alumnos, novos e non tan novos, mostrarán as súas propostas dentro dun marco profesional, co que se xerará un intercambio de experiencias onde a paixón pola danza seguirá sendo o motor da aprendizaxe.