Elahood – Espectáculo Impermeable

Sábado 22 de setembro.19:00 horas. Praza dos Pescadores
Buses: 7, 12A, 14

Coreografía, dirección e  interpretación: Elahood (Sabela Domínguez Pérez e Julia Laport Rivas)
Duración: 9 minutos

Elahood é unha compañía emerxente galega de danza urbana fundada en xaneiro de 2017 por Sabela Domínguez Pérez e Julia Laport Rivas. Nace co obxectivo de desenvolver a súa visión artística, compartir as súas ideas e promover a danza urbana en Galicia. Empregando os distintos recursos que aprenden ao longo das súas carreiras, Elahood desenvolve o seu propio vocabulario de movemento; un vocabulario baseado principalmente nas danzas urbanas como o hip hop, o waacking, o popping ou o house pero con grandes influencias doutras correntes de movemento. Elahood sérvese desta linguaxe para reflectir emocións crúas e crea un estilo de arte moi cercano e accesible co que tratan temáticas sociais coas que se senten comprometidas.

Sinopse Impermeable

mpermeable (substancia) que non permite o paso da humidade, a auga ou outro líquido. (Persoa) que é indiferente a una emoción ou un sentimento.

https://es-es.facebook.com/elahoodance/