Dos en Paralaje – Manos pegajosas

Venres 22 de setembro. 20.20 horas. Escalinata da Domus
Sábado 23 de setembro. 18.30 horas. Praza do Barrio das Flores

Dirección e interpretación: Ingrid Magrinya e Milki Lee
Coreografía: Ingrid Magrinya e Milki Lee
Duración: 18 MINUTOS

Estrea en Galicia

Os bailaríns e coreógrafos Ingrid Magrinya e Milki conforman a compañía Dos en Paralaje. Nela conflúen as súas experiencias como integrantes doutros proxectos nos que a danza e o teatro xúntanse e mesturan coa acrobacia e as artes marciais para dar como resultado un espectáculo de danza contemporánea urbana.

Sinopse Manos pegajosas

“Se o camiño está libre, avanza.
Se chocas con algo, mantente pegado.
Se o seu ataque é máis forte, cede.
Se o opoñente se retira, continúa avanzando.
Sé como a auga.”

Na danza, como nas artes marciais, existen unhas leis ou relacións polas cales poder preservar a túa propia liña de centro, o teu control para co outro. Igual que nun taboleiro de xadrez, trátase dun puro xogo de estratexia.

En “Manos Pegajosas” tratamos de atopar a franqueza e espontaneidade, de maneira sinxela, de dous corpos que se atopan e se abren (e fan) camiño.

Para conseguir a súa meta.
Para alcanzar a metamorfose da súa contorna.
Para ser como a auga.

https://www.facebook.com/Dosenparalaje/