Diego Sinniger – Dis-Connect & Liov

Dis-Connect: Domingo 23 de setembro. 13:30 horas. Praza do Castelo (Santa Cruz-Oleiros)
Buses: Autos Calpita
Liov: Domingo 23 de setembro. 19:15 horas. Castelo De Santo Antón.
Buses: 1, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17,23, 23A

Diego Sinniger é un bailarín híbrido. De moi novo, apaixónase polo  hip hop e pola cultura urbana. Decide formarse en varias técnicas de  hip hop na escola Varium (Barcelona). Moi rápido, as súas inquietudes polo corpo e o movemento lévano a profundar a súa formación con técnicas de danza contemporánea. Como artista versátil e prometedor, integra grupos de danza como  Brodas, Cobosmika, Lali Ayguade, Roser López Espinosa, Uniq e Dblock, entre outros.

Dis-Connect

Dirección e coreografía: Lali Ayguadé e Diego Sinniger
Interpretación: Diego Sinniger
Duración: 13 minutos

Estrea en Galicia

Sinopse

Todo ser humano se atopa nalgún momento en situacións de loita interna, onde loita contra si mesmo para non caer no abismo do medo ou na desolación, por iso todas e todos nós, nese pequeno instante de incerteza somos capaces de escoller, definir e aceptar a nosa elección de tomar o control ou de ser controlados unicamente polos nosos pensamentos negativos, onde o amor non ten nin voz nin voto.

Liov

Dirección: Diego Sinniger
Coreografía e interpretación: Diego Sinniger e Kiko López
Duración: 20 minutos

Estrea en Galicia

Sinopse

LIOV reflexiona sobre o impacto que causa en nós a vivencia de experiencias de loita interna e externa e ofrece así unha dobre lectura: por unha banda, representa a loita íntima e a dualidade que habita en todas/os nós cando queremos deixar ir o que nos pesa e seguir avanzando na vida con enteireza e liberdade. Por outra banda, mostra como os nosos conflitos internos se proxectan tamén sobre as nosas relacións e expón a fina liña que pode existir entre o amor e a violencia, entre vítima e agresor, entre o desexo e o abuso.

 

https://www.redescena.net/compania/38581/diego-sinniger/