Cooperativa Maura Morales – Wunschkonzert

Venres 22 de setembro. 20:00 horas. Escalinata Domus
Domingo 24 de setembro. 19:00 horas. Castelo de San Antón

Dirección e coreografía e interpretación: Maura Morales
Duración: 15 MINUTOS

Estrea en Galicia

Nacida en Cuba, Maura Morales someteuse á formación en ballet clásico, danza moderna, coreografía, teatro e folclore na Academia de Arte de Camagüey Estado en Cuba. Actualmente, traballa como instrutora independente, bailarina, coreógrafa e actriz. Leva toda a vida xirando cos seus espectáculos nos escenarios de medio mundo, ben como bailarina de compañías de que formou parte ou ben como cos traballos desenvoltos baixo o seu proxecto persoal da Cooperativa Maura Morales. Foi recoñecida en festivais estatais e internacionais.

Actualmente, dirixe a compañía Cooperativa Maura Morales, con sede en Düsseldorf/Alemaña.

Sinopse Wunschkonzert

Unha muller real, neurótica, obsesiva, solitaria e cucaracha, cunha vida sen esperanzas, leva nas súas costas o peso da súa rutina, o aire denso do seu pasado, o pesimismo do seu futuro e o único desexo de pasar desapercibida. Con todo, soña e debúxase a súa vida como lle gustaría que fose.

Esta peza foi gañadora do KurtJoossPrize 2013 /Alemania, Duriprize no ACT Festival de Bilbao e premio ao mellor performance na feira de Huesca 2014.

http://mauramorales.de/