Conservatorio de Danza – Fóra da casa

VENRES 27/11, 21:15 – OBELISCO
DOMINGO 29/11, 13:15 – CAMPO DA LEÑA

Dirección: Armando Martén
Interpretación: Claudia Alonso, Germán Flores, Cristina Carballeira, Uxía Mallo, Cristian Saavedra, Pablo Sánchez, Paula Ripoll, Marta Placer, Clara Lomba, Alejandra Vázquez, Sofía Cruz, Dayron Valdez, Covadonga Gaisse
Duración: 10 min

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña, foi creado en 1990, baixo a dirección de Luciano Gómez para poder ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación de calidade, profesional e regulada que ata entón non existía na cidade da Coruña. A especialidade do centro é a danza clásica, como actividades, o Conservatorio celebra espectáculos de danza con repertorio clásico e contemporáneo, e o seu alumnado participa asiduamente en concursos e festivais nacionais e internacionais.

Ao longo destes anos do Conservatorio os alumnos obtiveron importantes distincións, gañando primeiros premios en distintos concursos de danza a nivel nacional, e algúns dos bailaríns formados no Conservatorio estiveron ou están hoxe en importantes compañías de danza como o Ballet da Comunidad de Madrid Víctor Ullate, o Ballet de Carmen Roche, o Ballet da Ópera de Múnich, o Ballet de Lisboa, o Ballet de Ángel Corella ou a Hubbard Street Dance de Chicago, Tulsa Ballet (Oklahoma).

Sinopse Fóra da Casa

Nada que contar, bailamos por pracer e porque podemos facelo, e si é na rúa mellor… e se chove, tamén.

www.dicoruna.es/conservatorio-danza/gl