Circle of Trust – Motus

Domingo 4 de setembro. 17:20 horas. Praza de María Pita

Dirección: Jordi Vilaseca
Coreografía: Circle of Trust
Interpretación: Ignacio Fernández, Alberto Pardo, Marcos Pardo, David Ventosa, Víctor Lázaro, Juan Manuel Aragón
Duración: 25 Minutos

Motus, é unha adaptación da obra Divenire, producida por “Circle of Trust e Logela Multimedia”. Baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo, Jordi Vilaseca.

Sinopse Motus

O corazón, centro das nosas emocións, é o punto de partida para o desenvolvemento metafórico de obra: situacións vividas polo individuo, que conforman e inflúen no grupo, o afán de superación a nivel persoal e grupal, a evolución por medio do esforzo, da colaboración…

O grupo é o círculo, un ciclo que se repite, aliméntase de si mesmo e en última instancia lévanos ata o final dunha longa viaxe: alcanzar os nosos soños.

http://www.circleoftrustcrew.com/