Cía. Exire – Espectáculo Nexos

Sábado 22 de setembro. 19:30 horas. Praza dos Mariñeiros
Buses: 7, 12A, 14

Creación e interpretación: Estefanía Gómez e Alba Fernández
Asesoramento coreográfico: Chey Jurado
Duración: 18 minutos

Exire é unha compañía de Danza Urbana e Contemporánea que reside na Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en Artes Escénicas e leva xirando por toda a xeografía galega desde 2006. Está formada polas creadoras Estefanía Gómez e Alba Fernández. No 2016 a Compañía adquire este nome “Exire” con motivo do seu décimo aniversario e co obxectivo de darlle unha nova perspectiva con novos proxectos e ilusións. Colabora a nivel persoal con outras compañías, coma Entremans, As Tricotouses, Elefante Elegante, Artestudio Teatro e Nova Galega de Danza.

Sinopse Nexos

Nexos desvélanos a complicidade que existe entre dúas persoas, as súas memorias compartidas, a busca incesante desa lembranza que as sostén no tempo. Percorrido polos momentos que quedaron gravados no noso corpo e deixan ver a dous seres reais, imperfectos, peculiares, fermosos… Soltamos o peso da mirada dos outros e recoñecémonos para amosar o que escollemos ser. Á fin e ao cabo, desfrutar de ser un mesmo, a única persoa coa que se está obrigado a vivir.

http://ciaexire.blogspot.com/