Cía. Entremans – Espectáculo Sí quiero

Domingo 23 de setembro. 13:10 horas. Praza Esther Pita/Parque do Emigrante (Santa Cruz-Oleiros)
Buses: Autos Calpita
Domingo 23 de setembro. 19:35 horas. Castelo De Santo Antón
Buses: 1, 2, 2A, 3, 3A, 5, 17,23, 23A.

Dirección, coreografía e interpretación: Ana Beatriz Pérez e Armando Martén
Duración: 15 minutos

Entremans é unha compañía de danza contemporánea creada no 2006 por bailaríns cubanos residentes en Galicia. Mantén unha filosofía de traballo de grupo onde a creación e dirección artística xeralmente se realizan en colectivo, o que fai que non poida definirse como unha compañía ao uso. Combinan as súas producións con labores formativos, colaboracións teatrais e asistencias coreográficas.

Sinopse Sí quiero

Rodando volves a atopar un pedazo de min que quedou  atragoado na túa gorxa, estou cerca… medindo as distancias, agora podes respirar os perdóns que nos devolvemos despotricando bicos sen esquecer que sempre seremos dous nunha mesma roda…

http://www.ciaentremans.com/