Centro Coreográfico Galego – As catro estacións de Vivaldi (fragmento)

Domingo 4 de setembro. 17:00 horas. Praza de María Pita

Dirección: Mercedes Suárez
Coreografía: Kenneth Tindall, Iker Gómez
Interpretación: Ailen Ramos, Inés Vieites, Elena Roses, Raquel Santacruz, Juan M. Hernández, Víctor Molina, Pastor R. Feal, Pablo Aradillas
Fotografía: Manuel Lemos
Duración: 10 minutos

PRE-ESTREA. Fragmento da peza que se estreará o 9 de Setembro no Teatro Colón de A Coruña

O Centro Coreográfico Galego é un centro de creación, produción, formación e investigación para o desenvolvemento da danza en Galicia. Está adscrita á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), dentro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.

Sinopse As catro estacións de Vivaldi

A visión por medio da danza contemporánea de ‘As Catro Estacións’ de Vivaldi. Primavera, verán, outono e inverno veranse reflectidas nas distintas variacións dos bailaríns, acompañados de imaxes das 4 provincias galegas nas diferentes estacións do ano.

http://centrocoreografico.xunta.gal/ccg/