Carmen Fumero – …Eran casi las dos

Venres 2 de setembro. 20:00 horas. Escalinata Domus

Dirección, coreografía e interpretación: Carmen Fumero e Miguel Ballabriga
Fotografía: Miguel Berrocal, Juan José Fumero
Duración: 15 minutos

Estrea en Galicia

A compañía Carmen Fumero é unha compañía nova suscitada como un reto persoal para levar a cabo proxectos coreográficos, buscando e experimentando estilos diferentes. O seu enfoque reclama a expresividade e beleza no movemento como clave para crear novas formas de comunicación.

Recibiu diferentes premios no 29º Certame Coreográfico de Madrid, no 14 Certame Internacional de Coreografía Burgos-New York e no II Certame Coreográfico Distrito de Tetuán.

Sinopse …Eran casi las dos

…”Aínda que este breve intercambio de palabras fora realizado con sorrisos por ambas partes, os seus ollos cargáronse por un instante de tal expresión de ameaza, que tivo a fatal e nítida convicción de que esa noite este mozo que tiña diante non podería facer outra cousa máis que asasinala”…

“A escola da carne” de Yukio Mishima