Anxela Blanco – Espectáculo Voo

Venres 21 de setembro. 18.30 horas. Contorna da Pérgola de Eirís
Buses: 12, 14, 20, 4, 1A

Creadora e bailarina: Anxela Blanco
Composición musical: Mónica de Nut
Música: Purcell, Germán Díaz.
Asistencia na dirección: Caterina Varela
Asesoría danza tradicional: Quique Peón
Escenografía: Víctor García (Palitroques)
Fotografía: Rubén Vilanova
Duración: 20 minutos

Estrea absoluta

Leva máis de dez anos navegando nas artes vivas e na escena, universo ao que chega dunha forma accidental e reveladora, viña da dirección e administración de empresas. Foi artista residente en diferentes espazos de Galiza e París, Premio Injuve e Premio Emprendedora da UDC, e bolseira de institucións coma a Deputación da Coruña para o programa de estudos artísticos internacionais, a residencia do Centro Coreográfico Galego ou o Fondo 0,7% da OCV da Universidade da Coruña para unha investigación nos campos de refuxiados saharauis. Na súa quinta peza, Voo, pon o foco na necesidade de bailar e na naturalidade do feito, mentres procura as fisuras para introducir o corpo e a contemplación nesta trepidante e virtual vida posmoderna.

Sinopse Voo

Dicía miña avoa que xa non hai tantos
paxaros coma antes ou, mellor dito, que
xa non se ven os paxaros bailando
como bailaban.

..

Unha nova aventura a que preparo para
2018.
Voo é a quinta das miñas pezas. O
quinto dos meus sós. A quinta vez que
insisto no oficio da bailarina.
Estase a construír como un lugar en
que estar a salvo, en que bailar a salvo,
en que salvarse bailando.

Voemos.

https://anxelablanco.org/