Alba Fernández Cotelo – ON

VENRES 27/11, 21:45 – RÚA BAILÉN ESQUINA RÚA FRANXA

SÁBADO 28/11, 12:30 – PRAZA DE LUGO

Dirección, Coreografía e Interpretación: Alba Fernández
Duración: 8 min.

Alba Fernández é unha bailarina afincada na Coruña. É bailarina dende o 2006 en diferentes compañías e profesora de Danza Contemporánea e Danza Urbana. A súa formación é moi heteroxénea e iso reflíctese na súa danza. Actualmente, traballa fusionando calidades de movemento, que proveñen do Hip hop, o afro, o circo e a Danza Contemporánea.

Sinopse ON

De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de caricias e enerxía vital.

ON é unha peza de Danza Contemporánea que xurde dun proceso de investigación no movemento máis persoal, resultante da mistura de diferentes calidades experimentadas. Fálanos da enerxía que se crea nun intre, e que vai acendendo todos os interruptores do corpo.

albafernandezcotelo.blogspot.com