SÁBADO 28/11, 12:45 – PRAZA DE LUGO
Dirección e Interpretación: Cristina Montero, Rut Balbís
Duración: 15 minutos
Cristina Montero e Rut Balbis (Pisando ovos), intérpretes e creadoras de danza contemporánea preséntanse como compañía con “Momento Blooming”, estreada en xuño de 2013 en Ferrol e, desde entón, representada en diferentes teatros galegos e espazos non convencionais.
Como dúo participou no Corpo a Terra 2012 coa peza “Só unha escusa” e cunha intervención improvisada de rúa nas Meninas de Canido-Ferrol.
Sinopse Momento Blooming
Queres ser rico ou pobre?
Sabemos os segredos do teu éxito
Temos a solución a teus problemas financeiros
Non perdas esta ocasión única, onde corpo, movemento, música e danza xúntanse para facer un cóctel anticrise.
Pingback: I Festival Quicegotas | Butaca 2