Os Festivais de danza Vai de Baile de Ferrol, Corpo(a)terra de Ourense, Quincegotas de A Coruña e Cartografías en movemento de Lugo; unímonos para amosar que as nosas inquedanzas son a cultura e a cidadanía.
Por primeira vez en Galicia iniciamos unha rede galega de festivais de danza cos seguintes obxectivos:
Estructurar unha identidade conxunta dende a que establecer unha comunicación sólida coa institución
- Especificar e poñer en valor a singularidade das características de programación destes festivais
- Captar e afianzar os públicos dos festivais da rúa para a danza. Que resultan ser públicos casuais
- Favorecer a creación de novos materiais de produción e distribución